viernes, 14 de febrero de 2014

Concursos musicais, publicidade ou axuda ás bandas?

Dende a proliferación de internet e as redes sociais como ferramentas para o espallamento de cultura en xeral cada un busca os métodos para facer chegar o seu producto o máis lonxe posible, ate eiquí todo normal.

Ímonos centrar na parcela que da título a esta entrada, ¿estan os concursos que organizan festivais ou salas de concertos encamiñados á axuda de bandas noveis, a publicitar os seus eventos ou ámbalas dúas cousas?.


Probablemente na maioría dos casos a resposta adecuada é a terceira, as bandas intentan loitar por formar parte dun cartel con grandes bandas e a repercusión que da gañar un concurso, pero... que gañan os festivais?:

PUBLICIDADE GRATIS, publicidade gratis a niveis industrais, centos ou milleiros de bandas "spameando" e enchendo as redes sociais de peticións de votos sempre co logo do festival previo "gustame" á páxina do evento, e hoxe en día non hai nada mellor que unha gran repercusion nas redes sociais para obter o éxito.

Eu creo que quen máis gañan sempre son os organizadores dos eventos, deixádeme xulgar os métodos:

As votacións en internet apestan, apestan porque non son concursos de talento nin orixinalidade senón unhas cribas de bandas que compiten por ver quen ten máis amigos na rede, caeseme a cara vendo bandas "reputadas" mendigando votos na internet coma se o seu recoñecemento dependese dese puto concurso.

Por outra parte, eu vin auténticos linchamentos públicos a bandas gañadoras de concursos por parte das bandas non "agraciadas" ou que lle pregunten ás expertas gañaconcursos, as boirenses Agoraphobia, que tras gañar un pase para tocar no Festival Sonrias foron linchadas do xeito máis machista posible na rede, colegas... a MUSICA NON É UNHA COMPETICIÓN.




E inda me queda unha contra que comentar, no 80% dos festivais ós que eu acudin a banda gañadora do concurso é infravalorada e colocada a horas lamentables e en ocasións sen cobrar un peso, ou que lle pregunten a algún gañador do Derrame Rock, o que é tocar ás 15:00 para ninguén e gratis.

En definitiva, creo que os Festivais usan ás bandas noveis para acadar repercusión e non devolven os "favores" do mesmo xeito, claro que coma sempre hai excepcións.

E ti, que pensas dos concursos de música?.


Síguenos en https://twitter.com/galegueando

No hay comentarios:

Publicar un comentario